Coetus mestura formación e concertos en Ir y venir

A orquestra de percusión ibérica escolle Galicia para un ciclo formativo

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Coetus mestura formación e concertos en Ir y venir

Tres días de obradoiros, concertos e recitais íntimos no marco dunha casa de turismo rural. Esta é a proposta que fai Coetus, a orquestra de percusión ibérica, que en colaboración con Eliseo Parra e o dúo arxentino Luna Monti e Juan Quintero escolleron Galicia para desenvolver o seu programa Ir y venir. A proposta, que se desenvolverá entre o 2 e o 4 de outubro, contempla 10 obradoiros sobre música, que inclúen desde caixón flamenco ata arranxos vocais ou canto, a cargos dalgúns dos 21 membros desta formación. A maiores, durante as tardes realizaranse encontros de improvisación e ensaios nos que tamén participarán Xosé Lois Romero e Aliboria. Para as noites resérvanse os concertos, a razón dun por día. Casa Gasamans, en ames, acolle esta iniciativa, que ten aberto o prazo de inscrición.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Lois Romero, Turismo, Ames, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares