Tres días de concertos reivindican as Cíes como Patrimonio da Humanidade

O Concello de Vigo celebra O Canto das Illas entre o 20 e o 22 de febreiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

A Orquesta Vigo 430, Lucía Martínez, a Orquestra Sondeseu con Begoña Riobó e Anxo Pintos, a Coral Casablanca, Iván Ferreiro ou Mónica Nut compoñen, entre outros, o programa de O Canto das Illas. O Concello de Vigo presentaba esta mañá o ciclo de concertos co que quere reivindicar as Cíes como Patrimonio da Humanidade. Entre o 20 e o 22 de febreiro o Auditorio Mar de Vigo acolle esta proposta, na que se estrearán obras de Rodrigo Romaní e de Juan Durán. A música irá acompañada de proxeccións audiovisuais no propio Auditorio Mar de Vigo.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Patrimonio da Humanidade, Cíes, Concello de Vigo, Auditorio Mar de Vigo...