A Orquestra Sondeseu estrea as súas Danzas brancas

O Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo acolle o 18 a estrea do disco

16/12/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo acolle o vindeiro mércores 18 de decembro a estrea de Danzas Brancas. A Orquestra Folk Sondeseu protagoniza co seu cuarto traballo o Concerto de Nadal da Universidade de Vigo, nun concerto que contará coa presenza de Rushad Eggerson, Kepa Junquera e a ACD O Fiadeiro. O disco, que ve agora a luz da man de Fol Música, reinterpreta o patrimonio das danzas gremiais galega da man desta formación de corenta instrumentistas con temas propios de Anxo Pintos, Xaquín Xesteira, Xosé Liz ou Rodrigo Romani.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, SonDeSeu, Xosé Liz, Fiadeiro...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares