As décimo cuartas Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, que decorrerán na cidade das Burgas entre o 4 e o 11 de outubro, teñen o seu programa en avanzado proceso de preparación.
As décimo cuartas Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, que decorrerán na cidade das Burgas entre o 4 e o 11 de outubro, teñen o seu programa en avanzado proceso de preparación. Como de costume, exposicións, proxeccións cinematográficas, presentacións e mesas redondas serán o groso das actividades que este ano achegarán, novamente, os cómics a todos os públicos. Organizadas pola Casa da Xuventude e mais o Colectivo Phanzynex, as Xornadas contan co patrocinio da Delegación Provincial da ConsellerÃa de Familia da Xunta de Galicia e mais da ConcellerÃa de Cultura do Concello de Ourense.
Orixinais de numerosas procedencias
Entre as exposicións xa confirmadas, pódense salientar as dedicadas a Juan Berrio e a Miguel B. Núñez, respectivamente. Juan Berrio (Valladolid, 1964) é ilustrador en numerosas revistas e xornais (Madriz, El PaÃs, ABC, Marie Claire 16Â…). Como autor de cómics, ten colaborado en numerosos proxectos —os máis recentes dos cales son as revistas Recto e TOS—, e el mesmo ten posto en marcha diversos proxectos autopublicados, caso do seu fanzine Aeiou. Miguel B. Núñez (Madrid), pola súa parte, é outro xove creador ben coñecido polos afeccionados polos seus traballos para a revista El VÃbora; autor de varias historietas autoconclusivas, como Stroszec (Ed. La Cúpula), co-dirixe a revista Recto e publica tamén en TOS.
Os traballos gañadores do Certamen de Cómic e Ilustración Injuve 2001 serán tamén expostos durante as Xornadas. O prestixioso certame organizado polo Instituto de la Juventud madrileño amosa os traballos seleccionados en ambas categorÃas de autores novos de toda a xeografÃa española.
A Fundación Germán Sánchez Ruipérez traerá a Ourense a exposición «Un siglo de viñetas», selección bibliográfica de máis dun centenar de álbums de cómic europeos e americanos que se poñen ao dispor do público para a súa lectura na sala.
No terreo da BD galega, as exposicións do III Certame Galego de Imaxe ArtÃstica – Banda Deseñada, do 1º Certame ‘BD BandaÂ’ – Cidade de Pontevedra e dos orixinais do álbum de Pepe Carreiro ‘A retirada de Sir John MooreÂ’ —recentemente publicado por Edicións Xerais— serán algunhas das mostras que se poderán contemplar nas XIV Xornadas de Banda Deseñada.
Fanzines e cines
Por suposto, tamén unha nova edición da Expofanzines (Exposición Internacional de Fanzine e Prozines), amosando as novidades da extensa colección de publicacións independentes e amateur da Casa da Xuventude; o ciclo «Cinema e BD», en colaboración co Cineclube Padre Feijoo, que traerá á cidade varias estreas cinematográficas relacionadas dun ou doutro xeito co mundo dos cómics; o mercadiño de BD, a entrega dos Premios Ourense de BD, etc.
O cartel das Xornadas deste ano está realizado polo autor coruñés Marcos Calo, gañador do Premio Ourense 2001 na categorÃa de Mellor autor afeccionado. Podedes baixar unha versión jpg en alta resolución da web das Xornadas.

Cartel das Xornadas
Deseñado por Marcos Calo