O WOSINC retorna a Compostela

O festival achega música, debates, audiovisual ou gastronomía do 11 ao 13 de setembo

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
O WOSINC retorna a Compostela

Corenta propostas musicais chegadas de 15 países conforman o eixe da segunda edición do festival WOSINC, que retorna a Compostela entre os vindeiros 11 e 15 de setembro. O encontro acaba de fechar o seu cartel, que inclúe nomes como Michael Rother, Girl Band, Mdou Moctar, Noveller, No Joy Pye Corner Audio canda a propostas galegas como Cró!, Pálida, Sara Fontán, The Vog, Bluemouse e Mario González. Ao igual que no pasado ano, a cita inclúe tamén programación audiovisual, coa estreaen Compostela dos filmes Los hongos e, en colaboración con Curtocircuíto, da produción tuareg Akounak Tedalat Taha Tazoughai e mais dunha noite de curtas.

Canda a estas propostas, non faltan tampouco os debates, que abordarán cuestións como o peso político e social da música e das artes, a exploración de novas linguaxes creativas ou a profesionalización no ámbito musical. Finalmente, desde a banda gastronómica, rutas e degustacións completan o programa deste evento multidisciplinar.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gastronomía, Curtocircuíto, Santiago de Compostela

Claves

Entidades