
Como xa é tradición deste encontro, serán varias as agrupacións de música tradicional galega, vencelladas a asociacións e escolas, que actúen en Lorient, levando incluso espectáculos de baile galego. Será o caso da Banda de Gaitas Sementeira, de Cambre, a Banda de gaitas Queiroa, da asociación do mesmo nome de Sada ou do Grupo de Baile A Ponte Vella, da asociación centro cultural do mesmo nome en Teo. Ademais diso, a Bretaña acudirán tamén grupos e artistas individuais que fan achegamentos diferentes á nosa música tradicional. Será o caso de IcÃa Varela, pandeireteira e cantareira que vai en solitario a formar parte do espectáculo Celtic Odyssée #2, ou do gaiteiro Ismael GarcÃa que acudirá para dar unha "master class" do seu instrumento. Tamén estarán alà o cuarteto Ailá, un proxecto sobre música de transmisión oral, e o grupo Xascariz, que achega as súas composicións propias. O program co0mpleto do festival xa estás dispoñible.