O compositor galego Xavier Marinho estrea obra en Suecia

Smash Ensemble interpretará Democrazy o vindeiro 27 de agosto

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Democrazy é o título do último traballo do compositor ponteareano Xavier Mariño. Este novo creador, nado en 1983 verá o vindeiro 27 de agosto a estrea deste proxecto da man da Smash Ensemble en Malmö, Suecia. Dentro do Susa Festival 2015, a formación presentará por vez primeira esta obra, composta para frauta, saxofón, guitarra, piano, violín, viola e chelo e que ten unha duración de dez minutos. Mariño conta xa con vinte obras no seu haber e no seu currículo destacan diferentes premios e recoñecementos no campo da música contemporánea.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Suecia

Claves

Lugares