Celanova acolle do 31 de xullo ao 4 de agosto a cuarta edición do Festival Internacional Hércules Brass. Nove concertos e un curso de vento-metal impartido a preto de 90 alumnos e alumnas é a oferta da cuarta edición deste evento que reúne a algúns dos profesionais do trombón, da trompa, de tuba ou de trompeta máis destacados de Galicia. Fernando Buide, VigBrass Ensemble, Back to Brass, Hércules Brass Quinteto de Metais, Natalia Ensemble, Hércules Brass Ensemble e o alumnado do curso completan o recital de actuacións, que rematarán o 4 de agosto, ás 23:45 horas, no claustro do mosteiro de San Salvador, con Rubén Simeó e a Banda de Música de Celanova.
O Hércules Brass reúne en Celanova a grandes intérpretes do vento-metal
Celébrase do 31 de xullo ao 4 de agosto
20 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Universo
Explora o Universo
Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego
Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Lugares

