O festival Pórtico do Paraíso medra ata os oito concertos

Ourense acolle o encontro entre o 6 e o 15 de marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
O festival Pórtico do Paraíso medra ata os oito concertos

Unha viaxe musical desde o século XII ata os nosos días é o que achega o programa da VIII edición do festival Pórtico do Paraíso. Ourense acolle entre os vindeiros 6 e 15 de marzo este evento, que medra en dous concertos e alcanza así as oito actuacións. Os polacos Ensemble Peregrina, Guido Morini e Marco Basley, os alemáns Amarcord ou os franceses Ensemble Jacques Moderne son algúns dos nomes que subirán a escena en diferentes espazos da Cidade das Burgas. O programa inclúe tamén un curso de interpretación co Vienna Clarinet Connection.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Cidade das Burgas, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)