Ata o vindeiro 15 de setembro os interesados en participar na III Edición do Premio Galicia de FotografÃa Contemporánea teñen prazo para achegar os seus proxectos. A Asociación Proxecto Benito Losada deu a coñecer as bases da convocatoria desde galardón, que convoca en colaboración coa Deputación de Lugo e mais coa Xunta de Galicia. O premio está dotado con 12.000 euros e inclúe unha exposición que itinerará durante dous anos e mais a edición dun libro. En paralelo, o colectivo daba a coñecer tamén as bases do IV Certame Benito Losada de Banda Deseñada, que ten aberto ata o 10 de setembro o prazo para a presentación de traballos. A convocatoria prevé dous premios de 900 e 300 euros para os participantes de máis de 17 anos e de 300 para os menores desa idade.