Non é cousa dos últimos tempos. En 18 anos de actividade, Viñetas desde o Atlántico viviu moitas transformacións. No entanto, nas últimas edicións as mudanzas semellan ir todas nun mesmo sentido. Un festival máis participado, máis integrado na cidade e aberto. Repasamos esa evolución a partir do tratamento informativo que lle demos desde 2009 a esta cita.
As presentacións, para agosto
A reaparición no evento de creadores novos no panorama da banda deseñada galega e a multiplicación de publicacións foi un dos eixes da nosa abordaxe de Viñetas en 2014. Logo duns anos nos que non se albiscaba un relevo no panorama creativo, tanto nesa edición como na actual estamos a comprobar o Salón da Coruña continúa a ser un espazo imprescindible na presentación de novidades no sector, tamén para os proxectos máis recentes. Se ben a creación de circuÃtos de sinaturas en diferentes librarÃas do paÃs ao longo de todo o ano, asà como unha maior atención mediática aos lanzamentos da novena arte ameaza con desestacionalizar a actividade editorial, a pegada de Viñetas déixase sentir. Editoras como Demo ou Retranca non deixan pasar a ocasión do encontro coruñés para presentar as súas primicias ano tras ano. E nas últimas xeiras tamén os autoeditores (que son cada vez máis) poñen as pilas para ter os seus proxectos listos de cara a este evento ou á cita paralela do Autobán.
Reportaxe sobre Viñetas 2014
Actividades para todos
Está claro que algo que mudou, e moito, en Viñetas foi o programa de actividades. De xeito oficial, mantéñense as tradicionais exposicións, charlas e sesións de sinaturas cos autores convidados, asà como algunha outra mesa redonda ou presentación. Se ben a proposta da organización medrou coa creación dos encontros para profesionais, a grande revolución veu dos múltiples axentes que se implican coa BD ao longo do mes de agosto na cidade. As Bibliotecas Municipais, a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, os colectivos de autoeditores, as librarÃas especializadas, as editoras, a afección ou o propio Concello, que integrou a novena arte nos seus campamentos de verán, deron nunha explosión de actividades para todos os gustos e idades. Este movemento está a facer de Viñetas (e das propostas paralelas) un evento máis participativo e aberto, que achega a banda deseñada a crianzas que aÃnda non saben ler o mesmo que aos interesados na arte contemporánea. Nesa cuestión centramos boa parte da nosa atención en 2013.
Reportaxe sobre Viñetas 2013
Ocupar a cidade
A descentralización foi o enfoque co que traballamos sobre o Viñetas en 2012. O interese pola BD desde galerÃas de arte, museos, bibliotecas, centros comerciais ou mesmo bares e cafés provocou, e continúa a provocar, que Viñetas e os seus anexos transcendan fisicamente os XardÃns de Méndez Núñez e as zonas próximas. Se ben esta dispersión pola cidade varÃa de ano en ano, está claro que a tendencia é a que o festival tome a cidade durante boa parte de agosto.
Asà vimos o Viñetas 2012
O termómetro
Ese ano, ademais, aproveitamos para abordar Viñetas como o que en boa medida é: un indicador da situación da banda deseñada galega. A xa comentada concentración de novidades e de axentes na Coruña, nun momento no que outras citas tradicionais como as xornadas de Cangas ou de Ourense pasan por malos momentos, fan do Salón Herculino un observatorio sen par para revisar a saúde da novena arte no paÃs.
A BD á luz de viñetas 2012
Outras afeccións
As actividades dos afeccionados á banda deseñada e a ámbitos como os xogos de rol e estratexia, ao anime, ao cosplay e a outras actividades foron unha cuestión que destacamos encol da edición de 2011 do Salón. E é que asociacións como Mangalego levan xa tempo a participar, de xeito máis ou menos formal, en Viñetas, que se encheu de partidas, disfraces, artesanÃas, karaokes ou gymkanas. Semella que desde entón a aparición doutros foros na cidade, como Expotaku ou Hobbycon, especificamente orientados a outros intereses alén da novena arte, tiraron en certa medida o peso que estoutros ámbitos tiñan na programación paralela de Viñetas, sen que iso significase en absoluto a súa desaparición.
O festival de 2011 nesta reportaxe
Os comezos
En 2010 recollÃamos por vez primeira as propostas de transformación do festival, logo de que no anterior ano aparecesen por vez primeira crÃticas públicas a organización do evento. A creación da Rúa da BD e da carpa para actividades puxo a disposición dos diferentes axentes un espazo que se está a revelar como fundamental para complementar o programa oficial do evento.
Viñetas 2010
A edición 2009
Nova sobre as crÃticas á edición 2009
O director
O director do festival, Miguelanxo Prado, explicaba polo miúdo nesta entrevista de 2010 como vÃa a situación e o futuro de Viñetas desde o Atlántico.