Artistas e creadores noveis de tres xéneros: pop-rock, jazz e tradicional-folk poderán optar ao programa "Galicia creativa". A iniciativa consiste nunha serie de axudas nos distintos pasos do proceso de produción discográficas, facilitar a gravación, proxección exterior e promoción do repertorio musical rexistrado pola SGAE entre os autores e intérpretes emerxentes galegos en cada un dos xéneros citados, para o que os seleccionados por medio desta convocatoria (un por cada estilo) recibirán asistencia para a gravación, mesturado e masterización Ãntegra dun disco cun máximo de seis temas, traballos que se levarán a cabo no estudo da sede compostelá da SGAE. Ademais, prestarase un servizo de asesoramento en produción, difundiranse os traballos gañadores entre os medios de comunicación e organizarase unha xira de catro concertos (tres en Galicia e un en Madrid) no primeiro semestre de 2016. O programa foi presentado hoxe en Santiago polos responsables da SGAE Juan Rivas e Vicente Montoto, nun acto no que tamén participou o director da Agadic, Jacobo Sutil.