A Mostra de Ribadavia homenaxea a Escena Galega

O colectivo recibirá o Premio de Honra desta edición

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
A Mostra de Ribadavia homenaxea a Escena Galega

"O labor, o impulso e a constante traxectoria que solidifican no traballo asociativo e colaborativo" de Escena Galega levaron aos organizadores da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia a homenaxear este colectivo. Deste xeito, outorgáronlle o Premio de Honra Roberto Vidal Bolaño, que recoñece anualmente o traballo a prol do teatro galego. Segundo os responsables da mostra, Escena Galega é " unha das institucións que mellor evidencian o desexo de sumar esforzos cara o progreso e o ben común do sistema teatral galego" e apunta que "a recente confluencia dun amplo número de compañías como novas integrantes desta plataforma, que a dota de meirande forza e lexitimidade, é un feito que non nos pode pasar desapercibido, pois amosa a vontade de non resignación e de xuntanza para tentar conquistar as demandas e cambios xustos e necesarios daquelas cuestións que atinxen directamente aos creadores, usuarios e mediadores no terreo das artes escénicas". O premio entregarase o vindeiro 18 de xullo a coincidir coa inauguración da mostra.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escena Galega, Teatro, Mostra de Ribadavia, Roberto Vidal Bolaño...