Ferrol dedicaralle un museo á memoria histórica

Aproveitará o proxecto de recuperación dun espazo na Costa de Mella

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Un centro dedicado á memoria histórica que recolla a represión e a loita contra a ditadura franquista. Esta é a proposta que o Concello de Ferrol acaba de facer para as instalacións da Costa de Mella que comezan o seu acondicionamento a seguir a un proxecto do anterior goberno municipal. A intención é consultar especialistas locais para abordar os contidos do centro. O espazo dispoñible conta con 700 metros cadrados e inclúe unha sala de proxeccións. O Concello prevé que as obras de acondicionamento estean rematadas en novembro e que o centro poida abrir as súas portas a comezos de 2016.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Memoria Histórica, Concello de Ferrol

Claves

Conceptos
Lugares