Cultura achega 21.000 euros á Asociación de Escritores en Lingua Galega

A Gala das Letras, conferencias e cursos son o destino do investimento

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Consellería de Cultura e a Asociación de Escritores en Lingua Galega asinaron dous convenios de colaboración por importe de 21.000 euros, co obxecto de financiar a Gala das Letras que anualmente celebra a asociación e diversos ciclos de cursos, homenaxes e conferencias organizadas pola entidade coas universidades, centros de cultura local e outras entidades.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Lingua galega, Consellería de Cultura, Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega