A Consellaría de Educación destinou preto de 19 millóns en convenios en 2012

Asináronse 103 convenios ao longo dese ano

7/2/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Hoxe sae publicado no Diario Oficial de Galicia o listado de convenios subscritos pola Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación no último cuadrimestre deste ano. Deste xeito complétase a publicación dos acordos de 2012 que supuxeron un investimento total de 18.629.327,19€ en 103 convenios. A contía máis alta foi para a realización de obras e equipamentos en infraestruturas do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela que ascendeu a catro millóns e medio de euros. Entre a relación de entidades coas que achegou a acordos hai administracións de todo tipo (local e ata outras consellarías) así como asociacións culturais ou centros universitarios de todo o mundo.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Consellaría de Educación, Asociacións, Santiago de Compostela