Cultura fai públicos os convenios que asinou no último cuadrimestre

A listaxe inclúe 230.000 euros de axudas á promoción do galego nos medios de comunicación

10/10/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

A recuperación do Teatro Coliseo Noela, con 307.759 euros, é a iniciativa que conseguiu un maior investimento vía convenio coa Consellaría de Cultura no último cuadrimestre. Así o sinala a listaxe dos acordos que asinou este departamento con diversas entidades e que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia. Canda a este proxecto, a axuda a servizos de comedores escolares e ao apoio a persoas con discapacidades concentran as maiores achegas. A nivel cultural, un convenio coas dióceses galegas polo que se destinan 97.428 euros á protección seu patrimonio artístico e mais os traballos do Centro de Interpretación de San Cibrán de Las son os principais beneficiarios.

Na mesma listaxe recóllense as axudas da Consellaría aos medios de comunicación pola promoción do galego, que totalizan 230.000 euros distribuídos entre Faro de Vigo, El Progreso, La Opinión, a editorial La Capital e mais as axencias EFE e Europa Press.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Medios de comunicación, Teatro, Teatro Coliseo Noela, El Progreso...