"Unha obra que indaga nos grandes temas universais, nas vivencias da aldea, os froitos da terra, o tempo da infancia e a memoria, nun discurso elaborado que soa moi verdadeiro, saÃdo dunha necesidade vital de facelo". Asà define o xurado do III Premio de PoesÃa Gonzalo López Abente a obra S/t, coa que Enmma Pedreira se impuxo nesta edición. A autora, cunha importante carreira poética ás costas, farase con 2.000 euros en metálico e verá o seu traballo publicado en Edicións Xerais. O xurado desta edición estaba conformado por X. H. Rivadulla Corcón, Miguel A. Mato Fondo e Modesto Fraga, con Viki Rivadulla como secretaria. A entrega do galardón realizarase o vindeiro 11 de xullo no Salón do Voluntariado de MuxÃa.