Dúas xornadas examinan a situación do patrimonio cultural

Conservación de castros e a Ribeira Sacra no contexto de patrimonio da humanidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

De luns a xoves da semana que vén o Parlamento de Galicia acollerá o curso da UIMP "La Ribeira Sacra: protección de un paisaje cultural candidato a patrimonio mundial", organizado en colaboración co Parlamento de Galicia e dirixidas por José Julio Fernández Rodríguez, Valedor do Pobo. As xornadas achéganse ao concepto de paisaxe cultural, á súa historia e arte, así como á industria e economía sustentable da zona. Por outra banda, entre este venres 13 e o luns quince celebrarase en Lugo as II Xornadas sobre conservación de castros no noroeste peninsular, no que se estudarán casos de restauración asturianos e galegos, acompañados de visitas de campo.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ribeira Sacra, Parlamento de Galicia, Patrimonio da Humanidade, Paisaxe...