NUMAX leva o premio ao mellor proxecto cooperativo 2015

O proxecto abriu en Compostela o pasado mes de marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Apenas tres meses despois da súa apertura en Compostela, o proxecto NUMAX xa acadou un recoñecemento. A Consellaría de Traballo outorgoulle a este cinema, libraría e laboratorio audiovisual e gráfico o premio ao mellor proxecto cooperativo de 2015. O galardón, dotado con 5.000 euros, entregarase o vindeiro 4 de xullo, día das cooperativas, na Cidade da Cultura. Os promotores do proxecto cultural dedicaron o premio aos avalistas, clientes e colaboradores que "facedes deste proxecto algo vivo e polo que paga a pena seguir traballando". Canda a NUMAX, foron tamén galardoadas a cooperativa de consumo coruñesa Zoca Miñoca polos seus valores cooperativos e mais Amarelante pola promoción do cooperativisimo.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Numax, Cine, Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela