Abre en Compostela NUMAX, a nova sala independente de cinema

A inauguración será o 18 de marzo às 12 da mañá, cun filme de Kaurismäki

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Abre en Compostela NUMAX, a nova sala independente de cinema

Nubes pasaxeiras de Aki Kaurismäki sera o filme co que abrirá mañá, ás 12 da mañá en Compostela, NUMAX, unha nova sala dedicada ao cinema independente. A proxección, nunha sesión de portas abertas, suporá a estrea internacional da versión restaurada e dixitalizada do título. O proxecto, nado da man dunha cooperativa e cun amplo apoio social que o avalou economicamente, ofertará unha programación diaria de cinco sesións entre martes a domingo. A carteleira estará composta tanto por estreas de cinema independente difícil de atopar noutras salas, como por clásicos rescatados e por proxectos de autores pouco coñecidos. Todas as proxeccións será en versión orixinal con subtítulos.

O proxecto conta ademais cunha libraría internacional, un ambigú, un laboratorio que desenvolverá traballos audiovisuais e de deseño e mais dunha división dedicada á distribución de filmes.

Para alén do filme de Kaurismäki, o NUMAX proxectará ao longo das vindeiras semanas os filmes Maps to the Stars de David Cronenberg, Numax presenta de Joaquín Jordá, A besta humana de Jean Renoir, Costa da morte de Lois Patiño, Pasolini de Abel Ferrara e mais Puro Vicio de Paul Thomas Anderson.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

A fenda do proxector

A fenda do proxector

A apertura de NUMAX pon sobre a mesa a viabilidade alternativas de exhibición cinematográfica

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Numax, Clásicos, Lois Patiño...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos