"Cultura que une" explora na Coruña as relacións entre Galicia e Portugal

Os actos comezan hoxe e rematarán o sábado

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Rememorando unha visita de intelectuais portugueses en 1921 á Coruña, a Fundación Vicente Risco organiza na Coruña e en Amarante a iniciativa culturaqueune.com. Exposicións, mesas redondas, proxeccións e música enchen a Coruña ata o sábado 13 de xuño. Os actos comezan hoxe coa inauguración da exposición de fotografía "Os nosos ríos" na Sala María Pita, un recital de poesía galego-portuguesa no Xardín de San Carlos, para comezar ás 20.30 h. unha mesa redonda na RAG sobre as relacións intelectuais entre Galicia e norte de Portugal coa participación de Norberto Cunha, Paulo Vieira de Castro, Paulo Samuel e Xesús Alonso Montero.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Xesús Alonso Montero, Vicente Risco, Fotografía...