O Proxecto Derriba convoca o I encontro galego de nov@s pensadores

O colectivo explora a conexión entre cultura dixital e territorio no curso A re-invención dos comúns

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O Proxecto Derriba convoca o I encontro galego de nov@s pensadores

Co lema Estratexias de visibilización das cultura minorizadas a Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago acollerá entre os vindeiros seis e oito de xullo o I encontro galego de nov@s pensadores. O proxecto Derriba convoca esta proposta pioneira que pretende "partir do exemplo da problemática que acompaña os intentos de facer pensamento filosófico na Galiza para ir máis alá". Nese sentido, búscase "unha reflexión máis xeral sobre que significa e como funcionan os grupos culturais e lingüísticos minoritarios na súa interacción coas correntes e linguas predominantes".

O colectivo de pensamento convoca tamén, no marco dos cursos de verán da USC, A re-invención dos comúns. Este seminario, que se desenvolverá entre os días 18 e 19 de xuño, propón "reflexionar sobre a emerxencia actual dos bens comúns dende a especificidade da situación galega, coa fin de conectar as prácticas contemporáneas no eido das novas tecnoloxías e as prácticas de xestión de recursos propias da cultura tradicional". Alg-a Lab, o colectivo Montenoso, Ergosfera ou o propio proxecto Derriba propoñen relatorios sobre cuestións como Cultura dixital e culturas antergas, Os montes veciñais en man común ou os comúns en espazos urbanos, entre outras.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Derritaxes 8

Quiosco: Derritaxes 8

O 15M centra a nova entrega da publicación de pensamento do Proxecto Derriba

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Filosofía, USC, Ergosfera, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)