A desaparición do programa Planeta Furancho da grella da Radio Galega está a promover unha intensa mobilización social. O anuncio de que o vindeiro dia 29 de maio se emitirá a derradeira entrega do espazo, que leva máis de 1.400 emisións, provocou xa o pasado sábado 23 unha concentración diante das portas das instalación da CRTVG en San Marcos. Esta mañá, nunha rolda de prensa Ada Seoane, Josito Porto e Alex Sevilla en representación de ouvintes, músicos e "xente do sector" preocupada polo feche do programa, anunciaban a intención de continuar as mobilizacións por este motivo. AsÃ, para este xoves 28 de maio convocouse unha concentración de protesta ás 20:30 horas na Compostelá Praza do Toral á que se anima a acudir armados de instrumentos para manifestar o descontento ante a decisión da cadea.
Ademais, está en marcha un grupo de Facebook que recolle as iniciativas e opinións ao abeiro da problemática e circula tamén un manifesto no que se recollen as reivindicacións desta plataforma que, segundo institiu Alex Sevilla, "non é só de músicos, hai moitos seguidores fieis do programa". Pola súa banda, Josito Porto lembrou a necesidade de que as cadeas públicas "que son de todos", presten atención ao panorama musical galego e apuntou a ausencia dun espazo no que as bandas poidan tocar ao vivo e no que se atenda a música actual.
En paralelo a estas mobilizacións, a Asociación de Músicos ao vivo amosou tamén o seu malestar pola desaparición do programa e solicitou unha entrevista coa directiva da CRTVG.