Aire no Ar estrea en Compostela

O Teatro Principal acolleu onte e continúa hoxe coa nova proposta de danza de Rut Balbís

| Santiago. Redacción | Seccións: Danza
Compartir:
Aire no Ar estrea en Compostela

"Dúas persoas e unha corda vertical… Un espazo que respira, o Ar… Dúas linguaxes expresivas…". Así se presenta AIREnoAR, a nova proposta de danza da coreógrafa Rut Balbís que se estreou onte no Teatro Principal de Compostela. Protagonizada por María Move e Álvaro Reboredo, a produción pode verse tamén esta noite a partir das 20:30 horas. Segundo explica o texto de introdución, a montaxe versa sobre "encontro e desencontro. Habilidades e destrezas loitan nunha relación de busca do entendemento para chegar á harmonía. O espectador é partícipe da creación in-situ do espazo sonoro… AIREnoAR é poesía, beleza, equilibrio..."

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Teatro, Poesía, Santiago de Compostela

Claves

Conceptos