O Consello da Cultura Galega acolle hoxe e mañá 7 de maio as xornadas Converxencia dixital das institucións da memoria , na que se
abrangue a introdución do contexto dixital nas chamadas institucións da memoria, como poden ser os arquivos, museos ou bibliotecas. Nesta xuntanza profesionais de diferentes centros e profesorado universitario español, portugués e brasileiro analizarán o panorama actual que ten que ver coa selección, adquisición, tratamento, acceso e preservación no tempo do patrimonio.
No marco do programa daranse a coñecer as experiencias que xa están en marcha como os centros que traballan con patrimonio cultural nado dixital, centros xa existentes que teñen que dixitalizar o seu patrimonio, arquivos municipais ou estatais.
Gabriel Quiroga, membro do comité cientÃfico do Consello da Cultura, interveu nas xornadas e destacou que o acceso a internet permite "reconstruÃr virtualmente a unidade do patrimonio cultural, ata agora fragmentada por múltiples localizacións, titularidades e centros". Pero tamén insiste en que hai ameazas, "os usuarios gañan accesibilidade pero perden o contacto directo cos obxectos culturais, que o son por referencia a algo".
Relatorios do xoves
Xa na xornada de mañá xoves, MarÃa Manuela Pinto, da Facultade de Letras da Universidade do Porto, falará Da institución á preservación da memoria: a mudanza sobre un novo paradigma mentras que Ciro Llueca, da Filmoteca de Cataluña, analizará As plataformas dixitais, oportunidade (con segundas intencións) para a difusión do patrimonio cultural. Neste contexto, Manuel Gago do Consello da Cultura Galega ofrecerá un relatorio titulado Conxelar faÃscas: entre a natureza de Internet e novas formas de preservación na cultura galega.