O Consello Asesor de RTVE en Galicia e da CRTVG entregou os XXII Premios de Publicidade en Galego, que na súa XXII edición recaeron nos anuncios promocionais de Larsa, Estrella Galicia e Galeguesa. Estes galardóns teñen como obxectivo recoñecer o traballo realizado a prol da normalización lingüística por parte de entidades e empresas que se publicitan nos medios de comunicación.
Na modalidade de banner publicitario en Internet, a proposta de Arraianos Producións Galeguesas, a diferenza foi recoñecido por utilizar o galego para diferenciar un produto tradicional elaborado en Galicia a través dunha canle innovadora, como é unha páxina web. Roberto Álvarez, propietario da marca Galeguesa, asegurou que o seu obxectivo con este anuncio é "transmitir dende o monte de Celanova, que se preocupan polo rural e por promover un produto enxebre".
1. Premio modalidade de internet: Galeguesa, a diferenza. Anuncio creado por Arraianos Multimedia para Casa Galeguesa
A campaña radiofónica de Larsa foi a seleccionada nesta modalidade publicitaria pola posta en valor e o mantemento das tradicións galegas ao longo do tempo, por enriba de modas e facéndoas comprensibles para todos os públicos, sinalou o xurado do certame.
2. Premio modalidade de radio: Hai cousas que canto menos cambien, mellor. Desenvolvido por BAP&Conde para Larsa.
Estrela Galicia foi premiada como mellor anuncio televisivo do que o xurado destacou a orixinal "simbiose" que realiza entre as novas tecnoloxías, o deporte e o sentido identitario de Galicia.
3. Premio modalidade televisión: O noso é o noso. Dirixido pola axencia Imaxe para Estrella Galicia.
Á presente edición deste certame presentáronse preto dun centenar de propostas co denominador común de apostar por promover os seus produtos en galego.