Os Premios de Publicidade en Galego fan vinte anos

Gadis, Larsa e o Concello de Cambre levaron os galardóns deste ano

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

As campañas Sairemos como galegos de Gadis en radio, As cousas boas de Larsa en televisión e Ti fas Cambre, deste concello en Internet, foron os gañadores dos Premios de Publicidade en Galego, que celebraron neste 2013 a súa vixésima edición. O Museo das Peregrinacións e de Santiago acollía na tarde do pasado luns a entrega destes galardóns, que organizan anualmente os consellos asesores da CRTVG e de RTVE en Galicia. En total foron 127 os traballos presentados a estes galardóns, e os gañadores son da autoría das axencias Reclam, que desenvolveu a campaña de Cambre e mais Bap & Conde, que artellou as de Gadis e Larsa.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gadis, Cambre, Internet, RTVE...