O anuncio Faite amigo da Catedral da campaña de mecenado da Cateral de Santiago fÃxose co premio na modalidade de Internet dos XXI Premios de Publicidade en Galego. Canda a el, Maxia Verde, de Aceites Abril, elaborado e presentado pola axencia Imaxe impúxose na categorÃa de anuncio televisivo, mentres a cuña O Son da nosa fala, elaborada e presentada por Radio Lugo foi vencedora en publicidade radiofónica. Os galardóns, que convocan os consellos asesores de consello Asesor de RTVE-G e CRTVG entregáronse na tarde de onte no Parlamento de Galicia.