Lalín acolleu onte a entrega dos XIX Premios de Publicidade en Galego. Os anuncios Plan de axudas para a adquisición de vehículos eficientes do INEGA, Ler Muros, de Ler Librarías e Vía Romana de Adegas Vía Romana, foron as producións galardoadas nesta edición do certame, que convocan anualmente os consellos asesores de TVE en Galicia e mais da CRTVG. En total presentáronse máis dun cento de traballos ao certame. Os anuncios premiados foron realizados, respectivamente, por Reclam Publicidad, Radio Nordés-Cadea Ser e mais Imaxe-Arista.
