Os XXX Premios Losada Diéguez van para Diego Ameixeiras e Ana Acuña

Recibirán os galardóns o vindeiro 13 de xuño en Boborás

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Xa se coñecen os gañadores da trixésima edición dos premios Losada Diéguez. No campo da creación literaria Diego Ameixeiras impúxose coa súa obra Conduce rápido. Segundo apunto o xurado, é de destacar neste traballo "a proximidade da linguaxe ao público máis novo, a constancia na presentación de espazos e personaxes contemporáneos e a súa recepción favorable por parte da crítica e da sociedade en xeral".

Pola súa banda, Ana Acuña foi a vencedora na categoría de Investigación e Ensaio polo seu traballo Conciencia política e literatura galega en Madrid. O xurado salientou que esta obra "recolle unha investigación cabal e rigorosa sobre un exilio particular de galegos e galegas na capital do Estado, un grupo consciente da súa galeguidade exercida en Madrid de xeito plural".

Os premios están dotados con cadanseus 6.000 euros, e os dous galardoados recolleranos nun acto que se celebrará o vindeiro 13 de xuño no pazo da familia Losada en Boborás. En total presentáronse a esta edición vinte traballos de creación literaria e oito de ensaio.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Diego Ameixeiras, Ensaio, Madrid, Literatura...

Claves

Conceptos
Lugares