Jaime Serra expón na Coruña Diez historias y un paisaje

O MAC acolle unha mostra de infografías sobre situacións cotiás

15/4/2015 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: arte
2 lecturas | Compartido 0 veces

Infografía de Jaime Serra. MAC

O Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa (MAC) da Coruña acolle, do 16 de abril ao 4 de octubre, a exposición Diez historias y un paisaje, un conxunto de situacións cotiás contadas con infografías de Jaime Serra, o infografista máis influente do mundo segundo a Society for News Design. Entre as obras destaca Datos en los Bolsillos sobre os obxectos encontrados nos petos do fillo do artista ou Salud dinero y amor na que se involucra ao público cun xogo de cores ao estilo performance.
O autor, redactor xefe de infografía e ilustración do xornal La Vanguardia, busca ampliar a infografía xornalística coa representación de pensamentos, emocións e datos subxectivos. As pezas están formadas por diagramas, cartografía e representación abstracta de datos estatísticos que superan as páxinas dos xornais para transformarse en obras de arte que cuestionan a veracidade ou obxectividade dos datos.

Universo culturagalega.gal

22/01/2009

O xogo dos volumes

SCQ continúa apostando pola escultura coa exposición de Carlos Rial

Contextos

Claves

Entidades
Conceptos