Son os autores de Golfiño, de BD Banda, de Polaqia, de todas as iniciativas do cómic galego. Baixo o nome común de Colectivo Chapapote, van promover accións e publicacións en protesta polas mareas negras que asolan as costas de Galicia.
Colectivo Chapapote é o nome que recebe a xuntanza de autores de banda deseñada galega con motivo da catástrofe do Prestige. Este conxunto de debuxantes e guionistas está coordenado por un equipo de seis persoas: Manel Cráneo e Kike Benlloch (A Coruña) como coordenadores xerais, ademais de Henrique Torreiro (Ourense), Kiko da Silva (Vigo e Pontevedra), Marilar Aleixandre (Santiago) e Alberto Guitián (Lugo). Á parte de actuar como nexo en cadansúa zona xeográfica, cada un destes colaboradores ten asignados cometidos específicos.
O álbum
O primeiro dos proxectos do Colectivo Chapapote é a publicación dun álbum de banda deseñada sobre o desastre Prestige. Para este monográfico en branco e negro contan xa coa resposta afirmativa de oitenta autores, a maior parte deles galegos aínda que tamén entran na chamada persoas nacidas fóra que están hoxe en día afincadas en Galicia. Entre os debuxantes de máis sona que participarán neste cómic cóntanse nomes como Miguelanxo Prado, Xaquín Marín ou o propio Kiko da Silva.
"O Chapapote esténdese", explica Manel Cráneo, "pero no bo sentido: xa temos colaboradores fixos do Colectivo nas cidades de Madrid, Valencia, Barcelona, Granada, Bilbao e tamén nas Illas Baleares". O debuxante coruñés explica que o cómic de denuncia das mareas negras é só un dos moitos obxectivos que o grupo está planexando. Prepáranse xa campañas de cartelería de protesta, a primeira das cales xa está en marcha, con motivo do Día dos Santos Inocentes. O cartel é obra de Alberto Guitián.
A web
A páxina www.chapapote.org será outro dos puntos fortes das actividades dos Chapapote. Alí xuntaranse BD, humor gráfico e ilustración de artistas de todo o mundo que repostan á convocatoria de crítica polo acontecido nas costas galegas. Aínda que a web está en fase de construcción, a súa saída está prevista para primeiros de xaneiro, e a recollida de material (chistes, debuxos, etc) xa comezou no enderezo obras@chapapote.org.
Hai máis campañas de cartelería previstas para Semana Santa e para o día dos Namorados. Tamén se preparan actuacións na rúa, campañas de recollida de fondos editoriais para os nenos da costa, e exposicións itinerantes. O calendario de proxectos do Colectivo Chapapote abrangue desde decembro ata maio de 2003 como mínimo. Para aquel mes precisamente estase negociando a presentación do grupo e as súas obras no Saló Internacional del Còmic de Barcelona.
Calquera persoa interesada en colaborar ou sumarse ó Colectivo Chapapote pode porse en contacto mandando un correo ó enderezo info@chapapote.org