Santiago Auserón inaugura O Alfabeto Híbrido

A Fundación Luís Seoane aposta por un espectáculo mixto de poesía, música e artes

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Santiago Auserón inaugura O Alfabeto Híbrido

O ciclo O Alfabeto Híbrido, que dirixe a escritora Yolanda Castaño, inaugúrase na sede coruñesa da Fundación Luís Seoane o venres 10 de abril, ás 22 horas, coa actuación do músico Santiago Auserón, ex cantante de Radio Futura. A cabeza visible de Juan Perro interactuará coa formación Aldaolado, integrada polas poetas Lucía Aldao e María Lado.

O Alfabeto Híbrido é unha proposta de ocio cultural alternativo que se desenvolve en catro encontros anuais, un por estación, e que terán lugar en noites de venres. Este ciclo estará protagonizado polos emparellamentos de artistas galegos e nacionais e internacionais onde a palabra e os códigos artísticos mixturaránse de forma desenfadada nun formato non convencional.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luís Seoane, Fundación Luís Seoane, Poesía, Espectáculo...