Aldaolado, o dúo artÃstico formado polas poetas MarÃa Lado e LucÃa Aldao, serán as encargadas de redactar e ler o Manifesto Galego do DÃa Mundial do Teatro durante a gala dos XXII Premios de Teatro MarÃa Casares o vindeiro 21 de marzo. A Xunta Directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) decidiu encargar o texto ou dúo polo seu talento e a súa traxectoria na poesÃa escénica a través da anovado fórmula do seu dúo ao achegarlles os versos aos espectadores en recitais nos que se mestura a posta en escena, a música e os poemas.
No seu texto, LucÃa Aldao e MarÃa Lado sinalan que este manifesto "non é un berro, non precisa de volume nin carraxe para sosterse. Este manifesto é unha gargallada, un rirse a boca aberta, un desperrecharse. Porque a rabia é a arma da guerra, pero a risa é a bandeira da resistencia, é a intelixencia, é a liberdade". Para as dúas poetas, "o teatro é a república da liberdade", xa que tal e como recollen no Manifesto, a escena "é o territorio onde podemos matar o rei, fundar unha acrópole de mulleres, brindar con santos e apóstolos". En definitiva, para as dúas autoras "o teatro non imita a vida, o teatro soña o mundo que desexamos, é a materia prima coa que construÃr a sociedade". A gala da escena teatral galega estará conducida pola compañÃa TalÃa Teatro. A compañÃa, que neste 2018 cumpre 30 anos de traxectoria escénica, ofrecerá un espectáculo dirixido por Artur Trillo e protagonizado por Diego Rey, Marta Lado, Marta RÃos, Xurxo Barcala, Dani Trillo, MarÃa Ordóñez e Toño Casais. Ademais, Artur Trillo contará en escena cos compoñentes do Coro Encaixe, que se encargará do apartado musical da cerimonia.
Manifesto do teatro 2018 por Aldaolado
Nos tempos que corren agárdase que un manifesto sexa un berro enrabiado, cargado do veleno que corre cheo de razón polas nosas veas, un berro que bata como puño nas paredes de cristal coas que nos encerra o poder, cada dÃa máis asfixiantes, cada dÃa menos disimuladas, cada dÃa máis enlamadas. Pero este manifesto non é un berro, non precisa de volume nin carraxe para sosterse. Este manifesto é unha gargallada, un rirse a boca aberta, un desperrecharse. Porque a rabia é a arma da guerra, pero a risa é a bandeira da resistencia, é a intelixencia, é a liberdade.
E o teatro é a república da liberdade. O teatro é o territorio onde podemos matar ao rei, fundar unha acrópole de mulleres, brindar con santos e apóstolos. Esa terra fértil onde unha mesa e dúas cadeiras son unha terraza do ParÃs dos 50, onde o activo máis importante é a complicidade do público, ese lugar sagrado onde as sombras cobran vida e dinnos: o teatro non imita a vida, o teatro soña o mundo que desexamos, é a materia prima coa que construÃr a sociedade futura. O teatro é o Estado Confederado das valentes, das libres, das que non calan se as asoballan, das que rin.
Mesmo aquelas obras máis dramáticas, aquelas traxedias máis intensas, teñen á risa observándoas caladiñamente dende caixas. Porque sen ela non serÃan nada. Como recoñecerÃamos os dÃas tristes se nunca coñecéramos os alegres?
O teatro é o xogo máis construtivo de todos cantos xogamos, as súas regras son autonomamente consentidas e fainos o tremendo agasallo de poder ser doutro xeito, que non é pouco.
Que xente fútil seriamos se abandonásemos a partida na que nos xogamos a beleza, a verdade, a diversión e a emoción. Todo está inzado de trampas e hai unha vontade allea que se empeña en poñer fin a un xogo de séculos, antigo e próspero como a vida. Que non nos confundan, que non terxiversen os nosos guións escritos co lapis da honestidade, escritos para facer pensar máis aló dos dogmas. Criminalizar a liberdade supón frivolizar o discurso do odio.
-Prohibido xogar, prohibido rir -din.
A risa e o xogo é o que nos fai diferentes. O que nos leva a crernos máis intelixentes e, desgraciadamente, superiores ao resto dos animais. Ao poder xamais lle pode gustar a risa, nunca estará da parte das que xogamos e ensaiamos como mudar a realidade. O poder non quere que saibamos rir, nin soñar. Quérenos mansas coma bestas- con toda a admiración que temos nós polas bestas- que tiran dunha carruaxe dourada onde pasea un tirano nu. Son as xentes do teatro as que sinalan o absurdo da escena e rin, e proclaman sen medo: Morte ao rei do aburrimento! Viva a risa! Viva a intelixencia! Viva a liberdade! Vivan os personaxes que falan sen cancelas coa nosa voz! Vivan os tÃteres, porque eles todo o poden dicir! E vivan, tamén, as teatreiras valentes que erguen a súa voz sen medo contra os abusos, contra o machismo, contra a inxustiza! Viva, en fin, o teatro porque nesta nación de táboas e escuro somos libres e verdadeiras!