E ti de quen vés sendo?

Publicamos un novo itinerario en Atalaia

8/4/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Manolo Moldes. As mozas de Pontevedra. 1984 Fonte: Atalaia

Daniel Cerecedo Bretal realiza este novo itinerario por Atalaia, o noso soportal de arte. Este percorrido persoal pola nosa gran galería de arte contemporánea titúlase "E ti, ¿de quen vés sendo?". O seu eixo vertebral é a referencia que cada unha das obras fai a obras precedentes, dun ou máis autores. Mediante a observación e a análise de cada traballo, pretenderemos descubrir a que creadores e a que obras miraron antes de facer as súas para, baixo este enfoque xenealóxico (no que acudiremos ós antepasados ou antecedentes de cada artista), coñecer de quen veñen sendo e poder comprendelas mellor.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

05/09/2011

As imaxes dunha década

Manuel González revisa a cultura xuvenil dos anos oitenta a partir de obras de arte de Atalaia

10/01/2011

A vida secreta das obras

Ania González busca a experiencia persoal dos artistas nun percorrido por Atalaia

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Atalaia, Galería, Galerías de arte