As imaxes dunha década

Manuel González revisa a cultura xuvenil dos anos oitenta a partir de obras de arte de Atalaia

5/9/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

David Rubín. Mural "O Alfaiate", 2008

Unha canción de Siniestro Total da pé ao comisario Manuel González a reinterpretar a golpe de arte un itinerario por Atalaia, a canle de arte de Culturagalega.org. Obras de Xoan Anleo, Vicente Blanco, Vari Caramés dan pé a este percorrido que busca nas relación entre suxeito e identidade nunha das etapas máis desprecupadas da vida, a adolescencia.

Dicía Oscar Wilde que “para recuperar a xuventude, abonda con reptir das mesmas loucuras”. Unha máxima que serve a este estuante do Mestrado de Arte da Universidade de Santiago, Manuel González, para falar trazar unha xenealoxía icónica o redor da cultura xuvenil e do paso do tempo. Ao grito de Nocilla, que maravilla!, popularizada por un anuncio de televisión, que serven a González para repasar obras de artistas como Suso Fandiño, David Rubín, Diego Santomé ou Xoan Anleo.

Atalaia é o centro de recursos para coñecer aos artistas, as obras, os eventos, as publicacións e as entidades vinculadas á arte contemporánea en Galicia que mantén desde hai un ano Culturagalega.org. O proxecto está coordinado pola Sección de Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega e propon a críticos, profesionais e estudantes de arte contemporánea un percorrido guiado polo catálogo que está na rede, para redescubrir as obras dos artistas.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

10/01/2011

A vida secreta das obras

Ania González busca a experiencia persoal dos artistas nun percorrido por Atalaia

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel González, Atalaia, Vari Caramés, Vicente Blanco...