O Instituto de Estudos Miñoranos recibe o fondo do Siñor Afranio

O material inclúe manuscritos, correspondencia e mesmo unha novela inédita

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
O Instituto de Estudos Miñoranos recibe o fondo do Siñor Afranio

O fondo documental do deputado Antón Alonso Riós, que fuxiu da represión franquista baixo a identidade do Siñor Afranio, acaba de chegar a mans do Instituto de Estudos Miñoranos. A familia Álvarez Cáccamo, ata o de agora depositaria destes documentos, cedeullos a esta entidade ao entender que "pola súa tradición e modo de traballar era o mellor destinatario para a custodia e divulgación deste material". O legado inclúe a única fotografía coñecida de Riós baixo a súa identidade de Afranio, así como o manuscrito da novela na que conta a súa experiencia, correspondencia con Xosé María Álvarez Blázquez e a novela inédita Nidia.

O Instituto de Estudos Miñoranos anunciou a súa intención de expor parte do material no Espazo da Memoria, localizado na Aula de Cultura Ponte de Rosas e porá o conxunto a disposición de investigadores e público interesado.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Instituto de Estudos Miñoranos, Identidade, Xosé María Álvarez Blázquez, Xosé María Álvarez...