Un sitio web, unha exposición e un roteiro lembran a figura do galeguista Alonso Ríos

O deputado fíxose pasar por un menciñeiro para sobrevivir durante a represión franquista

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Un sitio web, unha exposición e un roteiro lembran a figura do galeguista Alonso Ríos

Coñeceu en carne propia a emigración, a II República, o galeguismo, a represión e o exilio. Antón Alonso Ríos (Silleda, 1887-1980) foi un idealista loitador a prol do labrego e da importancia da educación. Por ese motivo foi un dos represaliados ao estoupar a Guerra Civil e, ao non poder exiliarse, optou por disfrazarse de mendigo e menciñeiro (baixo o nome do “Señor Afranio”) co que vagou polos montes de Forcarei ata que se puido exiliar. Este sábado, a comisión que leva o seu nome e a Consellaría de Cultura inician os actos cunha homenaxe, un roteiro, unha exposición e un sitio web.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guerra Civil, República, Educación, Forcarei...