O día de Rosalía enche Galicia da memoria da poeta

Google crea un doodle a nivel estatal dedicado á escritora

24/2/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Doodle de Google

Tal día coma hoxe en 1885 Rosalía de Castro nacía en Santiago de Compostela. Para conmemorar o seu nacemento, numerosas entidades están a ofrecer unha programación especial. Google creou un Doodle sobre Rosalía de Castro que se está a ver en todo o Estado e diferentes entidades emprenderon accións ou programacións especiais. A Coordinadora de Traballadores pola Normalización Lingüística fixeron unha selección especial de agasallos no portal Agasallo.eu, ao redor de Rosalía de Castro. A Fundación Manuel María celebrou onte un concurso escolar de recitado de poemas de Rosalía de Castro e a plataforma A Sega quere "abrigar" con roupa todas as estatuas de Rosalía.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

23/12/2013

Cantares para Rosalía

culturagalega.org remata o ano 2013 da man de Rosalía e nove poetas contemporáneas

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, Google, Día de Rosalía, Manuel María...