Cantares para Rosalía

culturagalega.org remata o ano 2013 da man de Rosalía e nove poetas contemporáneas

23/12/2013 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: literatura
3 lecturas | Compartido 0 veces

O 21 de marzo o Consello da Cultura Galega celebrou un recital moi singular. 150 anos despois da edición de Cantares Gallegos, nove poetas galegas "cantaron e homenaxearon" a Rosalía de Castro, "nun íntimo e persoal diálogo cos seus versos aurorais". O recital presentarase este 26 de decembro, canda o resto de accións do CCG en relación ao ano Rosalía de Castro. culturagalega.org vaite levar da man de Rosalía de Castro e estas nove poetas ata o ano 2014. Hoxe, comezamos co prólogo da xornalista Comba Campoy.
O libro "Cantares para Rosalía. Nove poetas galegas dialogan cos seus versos" contén o recital en audio e a transcrición deste. As nove poetas participantes foron Lupe Gómez Arto, Luz Pozo Garza, María Xosé Queizán, Olalla Cociña, Xiana Arias Rego, Yolanda Castaño, Estíbaliz Espinosa, Lorensa Souto e Ana Romaní.

Universo culturagalega.gal