Un diálogo de versos a través do tempo

Nove poetas galegas homenaxean a Rosalía no CCG

25/3/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Foron Lupe Gómez, Luz Pozo, Mª Xosé Queizán, Olalla Cociña, Xiana Arias, Yolanda Castaño, Estíbaliz Espinosa, Ana Romaní e Lorena Souto as protagonistas. Nove poetas galegas, introducidas por Comba Campoy, que celebraron o xoves pasado no CCG un recital que pretendía establecer un diálogo coa obra poética de Rosalía de Castro. Aquí presentámoche o vídeo enteiro do recital, realizado no marco do Congreso Internacional Rosalía de Castro que organiza o Consello da Cultura Galega.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

23/12/2013

Cantares para Rosalía

culturagalega.org remata o ano 2013 da man de Rosalía e nove poetas contemporáneas

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, Lupe Gómez, Ana Romaní, Olalla Cociña...