En marcha a terceira edición de "Cultura no Camiño"

Está aberta a convocatoria para grupos e compañías de teatro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

AGADIC e a Axencia Turismo de Galicia puxeron en marcha a terceira edición do programa "Cultura no Camiño" que terá lugar do 15 de abril ao 30 de setembro, en diferentes vilas. Na convocatoria anterior, en 2014, 81 municipios foron beneficiados co programa con máis de 320 actuacións. Ata o 23 de febreiro está aberta a convocatoria para compañías escénicas e grupos musicais a través do web galescena.info, onde se poden rexistrar os espectáculos.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Turismo, Turismo de Galicia, Axencia Galega das Industrias Culturais