Caramuxo Teatro revisa os parrulos en Feo!

Unha fábrica de parrulos de goma ambienta a nova versión do conto de Andersen

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Caramuxo Teatro revisa os parrulos en Feo!

A aparición dunha peza diferente na cadea de produción dunha factoría de parrulos de gomas é o eixe que dá pé ao argumento de Feo!, a nova obra de Caramuxo Teatro. Inspirada no conto de Hans Christian Andersen O parrulo feo, a nova proposta de Caramuxo propón unha reflexión en clave de humor sobre a diferenza para público a partir de tres anos. Logo da estrea, dúas fins de semana seguidas na coruñesa Sala Gurugú, a compañía continuará xira por Vigo, Compostela Muros e Ourense.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Caramuxo Teatro, Hans Christian Andersen, Humor...