Quiosco: Revista Murguía 29/30

O número conmemora o 70 aniversario da fundación do Consello de Galiza

A revista Murguía presentou en xaneiro o seu número 29/30. Este último número conmemora a fundación do Consello de Galiza no exilio hai setenta anos coa publicación dun artigo de Uxío-Breogán Diéguez sobre a súa acta fundacional. A profesora da USC Margarita Barral desenvolve unha investigación sobre a Exposición Rexional de 1909 como un medio de "educación social" e Rocío Botana achégase ao movemento obreiro socialista lugués do primeiro terzo do século XX. Estes e moitos máis contidos neste novo número de Murguía.