Cuarto de Inverno reedita a novela As chaves do tempo de Luísa Villalta

Ir Indo e La Voz de Galicia presentan cadansúa obra sobre a autora

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras
Compartir:
Cuarto de Inverno reedita a novela As chaves do tempo de Luísa Villalta

A editorial Cuarto de Inverno presentaba este 7 de maio, coa presenza do Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, a reedición de As chaves do tempo. Esta novela de Luísa Villalta, que ve a luz vinte anos despois da súa publicación, presenta unha fantasía artúrica ambientada no noso país.

Pola súa banda, a editorial Ir Indo lanzou, con ocasión do Día das Letras Galegas dedicado á autora, Luísa Villalta. A música e a poesía na mesma persoa. Anxo Xoán Rajó Pazó asina esta obra que indaga na figura da homenaxeada nesta xeira. A través da investigación bibliográfica e de entrevistas a Miguel Anxo Fernán-Vello, Xosé María Álvarez Cáccamo e Carlos López Bernárdez, amigos de Villalta, o autor traza un perfil que incide nos seus aspectos creativos

La Voz de Galicia, á súa vez, anunciou que o vindeiro 17 de maio distribuirá co xornal a obra Luísa Villalta. A poesía en que salvarse, de Sara Pérez Peral, unha obra de 176 páxinas que repasa a traxectoria da homenaxeada e dá a coñecer a súa figura.

Que che parece esta nova?
93 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luísa Villalta, Cuarto de Inverno, La Voz de Galicia, Valentín García...