O Centro Ramón Piñeiro incorpora unha área de estudos históricos e sociais

O historiador Amancio Liñares Giraut coordinará a nova sección

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentaba este 30 de maio a nova sección coa que contará o Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades. A área centrarase nos estudos históricos e sociais, en particular dedicados a "todo o relativo ao tempo histórico do intelectual" que dá nome ao centro, segundo sinalou García.

O historiador Amancio Liñares Giraut será o responsable de coordinar esta nova área, que para García vai "complementar as investigacións que no eido da lingüística e a literatura galegas se desenvolven no centro". Así a actividade artellarase en "dúas cuestións diferentes e complementarias: Ramón Piñeiro e o seu tempo (Da nosa acordanza) e Historia Contemporánea de Galicia (Olladas no pasado)".

Segundo explica a información da Xunta "este marco cronolóxico acompaña a propia traxectoria vital do escritor, que discorre case no que foi a totalidade do pasado século XX. Trátase de ampliar e optimizar o labor do centro, poñendo o foco neste período dentro das súas actividades, estendéndoo a máis áreas vinculadas coas Humanidades e a cultura galega, facendo medrar e diversificar o seu campo de actuación".

Entre as propostas concretas que desenvolverá este departamento estará "a publicación de obras do eido histórico, a organización de xornadas e outras valiosas iniciativas".

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Piñeiro, Centro Ramón Piñeiro, Valentín García, Política Lingüística...