Unha achega máxima de 50.000 euros e apoio na forma de "análise, asesoramento, planificación e viabilidade de estratexias tanto no relativo á xestión, financiamento e comercialización como no tocante aos aspectos artísticos". Esta é a oferta que fai o Centro Coreográfico Galego ás compañías privadas que queiran coproducir con esta entidade un espectáculo de danza para a vindeira temporada. O Diario Oficial de Galicia recollía o pasado mércores a convocatoria, na que se establece que o apoio "incluirá os labores de deseño de escenografía, de vestiario e de iluminación, a selección e contratación de intérpretes, e os ensaios e a distribución da montaxe resultante" e que a compañía escolleita deberá ofertar un mínimo de seis representacións públicas.
Convocatoria de coprodución do Centro Coreográfico no DOG.



