Cun destacado éxito de asistencia abrían esta mañá na sede do Consello da Cultura Galega en Compostela as xornadas que esta institución lle dedica Albert Camus. A relación entre o pensamento de Camus e de Bataille, a visión sobre a pena de morte e mais a relación entre escrita e filosofía no autor abriron esta primeira sesión a cargo de especialistas como Arturo Leyte, Miguel Morey e Alberto Moreiras. As xornadas continúan esta tarde e ao longo de todo o día de mañá con retransmisión ao vivo vía web e a abordar cuestións como o desencontro con Sartre, o resentimento neste autor ou as pegadas de Camus no noso país, con intervencións como as de Xesús Alonso Montero, Bieito Iglesias ou Rosa Rodríguez Magda, entre outros.



