O Consello da Cultura acolle a VII Reunión de Escultura Romana en Hispania

Corenta especialistas internacionais analizan este patrimonio

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O legado escultórico que deixou Roma na Península Ibérica. Este é o eixe do VII Reunión de Escultura Romana en Hispania que acolle desde esta mañá o Consello da Cultura. Corenta especialistas de universidades europeas participan no evento, que se prolongará esta tarde e continuará mañá cunha xornada no Vicerreitoría de Coordinación e Planificación da USC de Lugo. O día 6 o Consello acollerá de novo o peche das xornadas. Entre outras cuestións abórdanse estudos sobre pezas específicas canda a cuestións relacionadas co noso país, como os relatorios La Exposición Regional Gallega de 1909: R. Blanco-Cicerón y la pástica galaico-romana, de F. Acuña Castroviejo e R. Casal García ou Las primeras muestras de escultura romano-galaica: simbiosis entre indigenismo y clasicismo, de A. Rodríguez Colmenero. O encontro celébrase en memoria do profesor Alberto Balil Illana, catedrático de Aqueoloxía da USC que foi principal promotor da disciplina no seo da institución.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Roma, USC, Península Ibérica, Lugo...